O domingo comezan os Premios BOBs 2008
martes, 26 de agosto do 2008
O coruñés Nacho
de la Fuente, creado do mellor blog en español de 2006 segundo os Premios BOB,
informa de que o
vindeiro domingo se abre a presentación de candidaturas á edición de 2008
os devanditos premios organizados pola Deutsche Welle. Estes premios tamén
recoñeceran a Periodistas
21 (do betanceiro Juan Varela) coma o mellor blog xornalÃstico en
español en 2004 e, o pasado ano, a muxiá MarÃa Amelia gañou o
premio ao mellor blog en español, polo que o éxito galego é xa
histórico, e agardamos que se repita a experiencia nesta 5ª entrega dos
chamados Oscars dos blogs.
Os premios están divididos en categorÃas (mellor blog, mellor podcast, mellor
videoblog, Premio Reporteiros Sen Fronteiras, Premio Blogwurst e mellor blog
por idioma) nas que un xurado fai a selección, existindo tamén un premio do
público que sae de votacións en liña.
