O dominio Gmail.com non está operativo en Alemaña

venres, 13 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Mensaxe que aparece cando se intenta acceder a Gmail.com dende Alemaña

En marzo comentamos que un tribunal alemán deu a razón a un cidadán que en 2005 denunciara a Google polo nome do seu servizo de correo electrónico por ter rexistrada a marca G-mail, e parecía que Google recorrería a decisión xudicial, pero agora lemos que dende o territorio xermano o dominio gmail.com non serve para ler o correo de Google, que pasa a chamarse Google Mail, polo que os usuarios que se atopen alí deben acceder ao servizo a través de mail.google.com ou googlemail.com.
Curiosamente os enderezos de correo @gmail.com continúan a funcionar (así coma googlemail.com, tamén aplicable as contas de correo de fóra de Alemaña).