O doutor Kawashima fai un uso filantrópico dos seus beneficios polos xogos de Brain Training

venres, 1 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Un dos xogos de máis éxito nos últimos anos é, sen dúbida, Brain Training, que está apadriñado polo doutor Ryuta Kawashima, un científico nipón adicto ó traballo que está a sorprender por declarar á prensa que dos máis de 2.400 millóns de iens que xeraron os 17 millóns de copias que venderon os xogos baseados no seu método foron a parar ó seu peto, pois destinou a súa parte dos cartos á investigación, construíndo un laboratorio de 300 millóns de iens para o estudo do cancro e o envellecemento (área na que traballa na Universidade de Tohoku) e, agarda ter listo outro laboratorio de 40 millóns para o mes de marzo.
Kawashima confórmase con vivir dos seu salario de 11 millóns de iens ó ano, e prefire facer un uso filantrópico dos seus resultados de investigación, aínda que respecta que outros colegas fagan outro uso dos seus beneficios se iso os motiva.
Curiosamente o doutor Kawashima só nin utiliza o seu xogo nin permite que os seus 4 fillos con idades comprendidas entre os 14 e os 22 anos utilicen videoxogos máis dunha hora durante as fins de semana.

PUBLICIDADE