O estudio Tango Gameworks recupera a súa actividade
martes, 3 de xuño do 2025
Hai un ano Microsoft sorprendeu anunciando o peche de 4 estudios de videoxogos pertencentes a Bethesda, resultando especialmente rechamante o caso de Tango Gameworks, por ser os responsables de tÃtulos de éxito como Hi-Fi Rush e The Evil Within, pero, por fortuna, a surcoreana Krafton saÃu ao rescate do estudio o pasado agosto, conseguindo tamén os dereitos de Hi-Fi Rush.
Tras meses sen saber de Tango Gameworks, finalmente anuncian a reapertura das súas oficinas en Tokio, renovan a súa páxina web contando tamén cunha nova imaxe corporativa e anuncian que están abertos á contratación de cara aos inicios do desenvolvemento dun xogo de acción aÃnda non anunciado.
Sen dúbida, unha magnÃfica nova nun momento no que non se para de falar de despedimentos no sector, cancelacións de proxectos e peches de estudios.
