O festival publicitario de San Sebastián estrea televisión pola Internet
martes, 22 de maio do 2007
Do 24 ó 26 de maio celébrase o Festival Publicitario
Iberoamericano El Sol, e para os que non se poidan achegar a San Sebastián, a
organización preparou unha canle de televisión
pola Internet, na que se pode ver o material do ano pasado, entrevistas,
conexións en directo e reportaxes, manténdose
a web activa trala celebración do certame, para que sirva coma un espazo de
referencia para as creatividades das axencias españolas e iberoamericanas.
A presente edición do festival (a número 22) chegou ás 3.465
pezas inscritas, das que 1.485 son iberoamericanas, o que supón un incremento
do 6% con respecto do ano pasado.
