O filme galego A illa das mentiras estréase na plataforma Filmin o 24 de xullo
venres, 26 de xuño do 2020
A
plataforma Filmin.es, a canle
online máis prestixiosa do cinema independente de cantas
teñen presenza no ámbito estatal, vai acoller a estrea do filme
galego A illa das mentiras, ópera prima de Paula Cons. Será
o próximo 24 de xullo, véspera do Día de Galicia. A longametraxe
estará dispoñíbel en Filmin.es para alugar e tamén por
subscrición sen custo adicional para os subscritores. Como
lembraremos, a película ten como marco de fondo a illa de Sálvora e
o afundimento do buque Santa Isabel fronte ás súas costas no ano
1921.
A
illa das mentiras foi co-escrita por Paula Cons e Luis Marías e
está protagonizada pola actriz compostelá Nerea Barros, Dario
Grandinetti e Aitor Luna. Completan o reparto as galegas Victoria
Teijeiro e Ana Oca.
O
afundimento do buque Santa Isabel é o punto de partida dun thriller
onde, segundo fan saber os guionistas, o máis interesante “non é
o naufraxio en si mesmo”, se non as consecuencias que ten nun
microcosmos tan pechado e peculiar como o da illa de Sálvora. Tamén
é unha homenaxe ás 3 mulleres que salvaron a vida de 48 persoas e
que foron inxustamente esquecidas pola historia.
Polo
que respecta a Filmin, é unha plataforma con máis dunha década de
traxectoria, consolidada a día de hoxe como a principal plataforma
dixital de cine independente en España, con presenza noutros
territorios (México, Portugal) e con relevantes acordos con xigantes
do ámbito tecnolóxico como Vodafone e Huawei.
Tráiler do filme