O frenético Sunset Overdrive chega a Windows 10
luns, 19 de novembro do 2018
O xogo
de acción Sunset Overdrive, un dos
mellores tÃtulos exclusivos para Xbox One que causou sensación en 2014 e que en
2016 tivemos a fortuna de que se incluÃse entre os Xogos con Gold, de xeito
que chegou a un importante número de xogadores de consola, ábrese agora aÃnda a
un público maior, xa que estréase como xogo para Windows 10 a un prezo de 19,99
euros, podendo adquirirse tanto na tenda
oficial de Windows 10 como a través de
Steam.
Este xogo sitúanos en Sunset City nun hipotético ano 2027 no que unha bebida
enerxética converteu a boa parte da poboación en mutantes tóxicos, o que
permite que o protagonista poida moverse de xeito trepidante entre unha manchea
de inimigos realizando acrobacias e empregando armas e habilidades únicas, no
que supón unha variación dos xogos de disparos tradicionais que busca
principalmente divertir ao usuario.
Tráiler de lanzamento da versión para Windows 10 de Sunset Overdrive
