O fútbol sen complicacións atopa o seu lugar en Rematch
mércores, 25 de xuño do 2025
Os videoxogos de fútbol están claramente dominados por EA Sports, que hai anos que derrotou totalmente ao seu competidor directo (Konami), pero iso non quere dicir que non haxa espazo para tÃtulos que aborden o fútbol cun enfoque diferente, como o Football Manager ou o novo Rematch de Sloclap, que a semana pasada saÃu á venda para PC, Xbox Series X|S e PlayStation 5, cunha proposta de xogo arcade con partidos de 5 contra 5 sen faltas nin descansos, deixando claro que busca un lugar totalmente diferente ao ocupado polo FC 25.
AÃnda que o xogo non chegou sen dificultades (está pendente de estrear o xogo cruzado entre plataformas e a corrección de numerosos erros de rendemento e estabilidade), a recepción por parte do público parece ser bastante boa, sumando un millón de xogadores nas primeiras 24 horas e anunciando hoxe mesmo a superación da barreira dos tres millóns de xogadores. Dende Sloclap detallan que dende o pasado dÃa 19 rexistraron máis de 11,8 millóns de partidos, o que é unha boa mostra do atractivo que teñen os tÃtulos deportivas que buscan unha acción directa, sen complexas mecánicas de simulación.
Tráiler de lanzamento de Rematch
