O galego Enrique Criado impartirá unha conferencia con imaxes 3D ante a industria hollywoodiense

venres, 20 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Enrique Criado

O vindeiro 28 de xullo, Enrique Criado da produtora coruñesa Enxebre Entertainment, impartirá unha conferencia baixo o título Understanding & Improving the 3D experience no Digital Day que celebra anualmente o Gremio de Directores de EE.UU. (DGA) ante máis de 600 profesionais do cine norteamericano.

George Lucas, Robert Zemeckis, Randal Kleiser, Robert Rodríguez e James Cameron durante unha presentación de cine tridimensional

Esta é a primeira vez na que un español participa en tal evento, o que supón un claro exemplo da capacidade e creatividade do audiovisual galego.
Criado presentará na súa ponencia as novas fórmulas de creación aplicadas ó emerxente cine en 3 dimensións, cómo inflúe a aplicación das normas estereoscópicas en diferentes tipos de planos dunha produción e a forma de crear películas de alta calidade tridimensional.
Durante a conferencia se amosarán imaxes en 3D en tempo real, para o que se conta coa colaboración de Real-D (que achegará o sistema de proxección de cine dixital electrónico en tres dimensións).