O iPhone 12 recibirá unha actualización de software para poder volver venderse en Francia
venres, 15 de setembro do 2023
A
alerta disparada en Francia por mor do exceso de radiación emitida polo iPhone
12 ten finalmente resposta por parte de Apple, compañía que asegura que que
«lanzaremos
unha actualización de software para os usuarios en Francia para axustarnos
ao protocolo empregado polos reguladores franceses. Procuraremos que o iPhone
12 continúe a estar dispoñible en Francia».
A compañía de Cupertino entende que o problema débese a «un protocolo de probas
específico empregado polos reguladores franceses e non un problema de
seguridade», buscando así tranquilizar aos usuarios dos seus móbiles e, de
comprobarse que a actualización de software resulta efectiva, retirarase a
suspensión das vendas do smartphone que xa levaba 3 anos no mercado. De feito,
este é un dos argumentos de Apple para tranquilizar á poboación, xa que o
iPhone 12 pasou probas de radiación en todo o mundo en múltiples ocasións, e é
a primeira vez que unha proba asegura que o smartphone supera os límites establecidos.