O investigador privado Magnum rexurde nun xogo para móbiles

martes, 27 de novembro do 2007 Marcus Fernández

O creador xermano de videoxogos para móbiles Ojom GmbH anunciou o lanzamento do xogo Magnum P.I. que leva ás pantallas dos nosos teléfonos as aventuras do detective televisivo de máis sona nos anos 80 e do que puidemos facer un exhaustivo seguimento na TVG.
O novo xogo para móbiles está dentro do xénero de plataformas, e nos sitúa na pel de Thomas Magnum, o investigador privado sito en Hawaii que deberá recuperar o botín roubado así como conseguir evidencias que lle permitan atrapar os delincuentes. A información que se recolla durante o xogo servirá para que o seu amigo T.C. o leve en helicóptero tralos sospeitosos.
Durante 20 niveis se poderá desenvolver o xogo de acción que funciona en case calquera terminal con soporte de Java que poderá satisfacer ós nostálxicos.