O lince perdido da produtora galega Perro Verde opta aos premios Cartoon Movie

mércores, 18 de febreiro do 2009 Raquel Noya

Logo de facerse co Goya á Mellor Película de Animación, O lince perdido, producida por Candor Graphics, a galega Perro Verde Films e Green Moon, vén de ser seleccionada de novo para os Premios Cartoon Movie Tributes 2009, un dos recoñecementos “máis profesionais e prestixiosos dentro do mundo da animación”, segundo veñen de afirmar na web do Clúster do Audiovisual, onde hoxe mesmo se facían eco da nova.
O vindeiro día 7 de marzo, saberemos se O lince perdido se fai finalmente co galardón desta 11 edición do premio, que por primeira vez se celebra en Lyon, ao longo dos días 4, 5 e 6 do mesmo mes.
Estes premios, condecoran ás compañías e personalidades que contribúen ao desenvolvemento da animación en Europa durante o último ano, e outorgan galardóns ás categorías de: Mellor Director Europeo do Ano, Mellor Distribuidor Europeo do Ano e Mellor Produtor Europeo do Ano; esta última, categoría á que aspira a galega, Perro Verde xunto coas súas colaboradoras.

Relación dos finalistas dos The Cartoon Movie Tributes 2009

O resto dos nomeados que se darán cita o vindeiro mes no “berce do cine”, a onde se achegarán outras compañías galegas acompañadas polo Clúster Audiovisual Galego.

PUBLICIDADE