O novo Call of Duty chegará no outono
xoves, 26 de xuño do 2008
Dende Activision confirman
que o vindeiro outono os seguidores da saga de Call of Duty poderán internarse nos campos de operacións europeos e
do PacÃfico Sur en Call of Duty: World at War nunha
aventura que volve á Segunda Guerra Mundial, pero incorporando o motor de Call of Duty 4 (xogo ambientado no
presente).
Dende Treyarch aseguran que «con
Call of Duty: World at War redefinimos o significado dos xogos sobre a Segunda
Guerra Mundial», ofrecendo aos xogadores «toda unha horda de inimigos novos que
utilizan tácticas totalmente distintas, amais de ferramentas innovadoras, coma
o modo cooperativo e o lanzachamas, que lles permitirá obter a vitoria nesta
batalla épica».
Este novo tÃtulo estase a
preparar para Xbox 360, PS3, Nintendo Wii e PC.

