O novo Shaq Fu ve a luz para PlayStation 4
martes, 3 de abril do 2018
Un dos
xogos de loita máis curiosos que puidemos ver en Mega Drive e Super Nintendo
foi o Shaq Fu de 1994, protagonizado
polo xogador de baloncesto Shaquille O’Neal, que estaba considerado como un dos
peores do se xénero, o que non impediu que Big Deez
Productions quixese aproveitar a marca para desenvolver un novo xogo de loita
de Shaq, para o que organizaron
con éxito unha campaña de micromecenado en 2014 que por fin ve os seus
froitos, xa que nas últimas horas apareceu o xogo Shaq
Fu: A Legend Reborn para PlayStation 4.
Este xogo está protagonizado por Shaq Fei Hung (personaxe inspirado na lenda da
NBA), un orfo chinés adestrado por un mestre de artes marciais que terá que
enfrontarse a demos que buscan destruÃr o mundo percorrendo recantos de
Occidente, onde ter que vencer a hordas malignas con movementos devastadores
para despois loitar contra xefes finais como se facÃa en moitos beat’em up dos anos 80 e 90.
Shaq
Fu: A Legend Reborn está á venda por 23,99 euros para PlayStation 4,
quedando agora por lanzar as versións para Xbox One, PC e Nintendo Switch (pois
enténdese que as versións para Wii U, Xbox 360 e PS3, anunciadas inicialmente,
quedan desbotadas agora que se consideran plataformas obsoletas). Temos asà un
exemplo máis de como un xogo que se tomaba a broma (coma Goat Simulator) remata converténdose
nun produto comercial moderno, grazas ao bo humor de usuarios e
desenvolvedores.
- Este novo xogo recupera as mecánicas dos beat’em up clásicos, pero apostando pola esaxeración propia do concepto no que se basea
Tráiler de lanzamento do novo xogo de Shaq Fu para PS4
ACTUALIACIÓN: O xogo vén de ser retirado da venda, dando a impresión de que a súa posta a disposición foi accidental, e o seu lanzamento oficial terá lugar nos vindeiros dÃas en todas as plataformas previstas de xeito simultáneo.