O novo tráiler de The Last of Us Parte II presenta a historia do xogo

mércores, 6 de maio do 2020 Marcus Fernández

O xogo The Last of Us Parte II xa está rematado, de xeito que poderá cumprir coa súa data de lanzamento (o 19 de xuño) e para celebralo dende Naughty Dog estrean un novo tráiler deste agardado título que pode considerarse como o exclusivo de PlayStation 4 máis importante do ano.
Dende Naughty Dog aseguran que o xogo está en fase gold, ou sexa, que xa se creou o master que se empregará para a distribución das copias físicas que chegarán aos usuarios finais e que, segundo comentan, podería estar repartida en 2 discos Blu-ray dado o inmenso tamaño desta produción.
The Last of Us Parte II adiárase sine die hai unhas semanas, por mor das dificultades de distribución provocadas pola pandemia, xa que Sony non quería que este grande título non limitase a súa distribución ao dixital para non provocar danos ás canles de comercialización máis tradicionais, e agora que a situación do mercado vai camiño a normalizarse consideran atinado reabrir as reservas deste xogo do que podemos facernos unha boa idea da súa historia a través do vídeo que serve de adianto da súa historia.

Último tráiler da nova produción de Naughty Dog

PUBLICIDADE