O novo xogo de Star Wars para Wii tirará proveito dos controis da consola de Nintendo

venres, 18 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Os responsables do desenvolvemento do agardado xogo Star Wars: The Force Unleashed para Nintendo Wii adiantaron algúns detalles sobre o manexo do xogo, asegurando que o mando da Wii servirá para atacar coa espada de luz, de xeito que detectará a dirección na que se move o mando aínda que a relación co movemento da espada no videoxogo non será 1:1. Amais, o Nunchuk se poderá empregar coma interface para o uso da Forza afastando ós nosos inimigos sen tocalos. Toda unha experiencia para os seguidores da saga cinematográfica de George Lucas, que se sentirán moi somerxidos no título para Wii pese a que non conte coa espectacularidade gráfica das entregas para PS3 e Xbox 360.

PUBLICIDADE