O novo xogo do creador de PUBG estrea beta aberta
mércores, 13 de agosto do 2025
O creador de PUBG: Battlegrounds, Brendan Playerunknown Greene, presentou en decembro Prologue: Go Wayback, o primeiro tÃtulo do seu novo estudo independente, Playerunknown Productions. Agora, o xogo dá un paso clave coa estrea da súa primeira beta aberta para PC en Steam e na Epic Games Store, como paso previo ao lanzamento do xogo en acceso anticipado (para continuar o desenvolvemento tendo en conta as achegas dos usuarios).
Concibido como unha aventura de supervivencia en mundo aberto, Prologue: Go Wayback leva os xogadores a un ermo xerado de forma procedimental inspirado na rexión checa de Bohemia. O obxectivo é chegar a unha torre meteorolóxica, empregando ferramentas básicas como un mapa e un compás e orientándose con puntos de referencia naturais, sen marcadores de misión nin instrucións guiadas.
A supervivencia require xestionar factores como a fame, a sede ou a temperatura corporal, mentres se avanza de refuxio en refuxio. O mundo do xogo é dinámico e sometido a cambios meteorolóxicos bruscos, polo que cómpre recoller recursos, atopar abrigo, reparar obxectos e improvisar ante situacións adversas.
O terreo está creado con machine learning sobre datos abertos e revisados polo equipo, integrándose en Unreal Engine 5 para ofrecer mapas realistas en cada partida. Segundo Greene, esta proposta é o primeiro paso dun plan de tres xogos para construÃr o chamado Project Artemis, unha tecnoloxÃa e plataforma orientadas a crear experiencias multixogador masivas con mundos xerados a gran escala, interacción avanzada entre xogadores e NPC, e espazos en liña para millóns de usuarios simultáneos. Prologue céntrase na parte de xeración realista de terreo.
Tráiler da beta aberta de Prologue: Go Wayback
