O persoal de Ensemble Studios intégrase en Robot Entertainment

mércores, 18 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Halo Wars é o derradeiro xogo dos Ensemble Studios, equipo que crear obras mestras coma Age of Empires, o que resultaba algo sorprendente (¿premiar o éxito co pecho do estudo?) pero agora sabemos que Robot Entertainment vén de anunciar a formación dun novo estudo de desenvolvemento de videoxogos en Plano (Texas, EE.UU.) composto por 45 traballadores de Ensemble, que traballarán en colaboración cos Microsoft Game Studios para a creación de novos contidos para Halo Wars, así como para dar soporte para este xogo e para Age of Empires, o que entendemos como un traslado de funcións entre estudos, e que no futuro tamén podería dar lugar a excelentes xogos de estratexia en tempo real aos que estes desenvolvedores nos teñen afeitos.