O primeiro Pokémon cun nome localizado ao español chámase Código Cero
martes, 6 de setembro do 2016
AÃnda faltan bastantes semanas para o 23 de novembro, data
na que sairán á venda os xogos Pokémon
Sol e Pokémon Luna, pero os
responsables do xogo non se limitan a aproveitar o pulo de Pokémon GO (que, sen dúbida, levará a que as novas entregas da saga
teñan un grande éxito) e a través de distintos vÃdeos van debullando novidades
que hoxe deron moito que falar, xa que presentouse un novo Pokémon que pÃllanos
moi de preto, e que como grande curiosidade ten que o seu nome é traducible, ou
sexa, que mentres nos EE.UU. responde ao nome de Type: Null, en España chamarase Código
Cero. Este Pokémon multixénico que luce unha armadura de batalla non ten
nada que ver con esta publicación, pero o detalle do seu nome provocou que
durante a tarde de hoxe se tendencia en Twitter, con opinións encontradas sobre
as novas posibilidades para os nomes das criaturas da franquÃa.
No último vÃdeo dos novos
xogos de Pokémon tamén presentan á Fundación Æther, aos Ultraentes que
ameazan a rexión de Alola, e algúns detalles sobre os Pokémon Ditto, Jangmo-o,
Raticate de Alola e o xa mencionado Código Cero, que deixaron aos seareiros da
saga con gañas de saber máis e coñecer máis criaturas que entrarán a formar
parte da familia Pokémon nesta campaña de Nadal.
- O novo Pokémon recibe nomes como Type: Null, Tipo 0 ou Código Cero en función do paÃs para o que estea localizado o xogo
Último vÃdeo promocional de Pokémon Sol e Pokémon Luna