O programa de emprego de Dodro e os seus concellos lindeiros pon o foco nas TIC
xoves, 17 de agosto do 2023
Os
Concellos de Dodro, Rois, Rianxo, Valga, Pontecesures e Padrón
impulsaron nesta tempada 2022-2023 unha iniciativa conxunta para
favorecer a empregabilidade da veciñanza dos distintos termos
municipais. O Programa Integrado de Emprego de Dodro, no que
colaboran os ditos concellos, está financiado pola Consellería de
Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo
Público de Emprego Estatal (SEPE). A iniciativa proseguiu este verán
a súa actividade poñendo o foco na formación tecnolóxico-dixital
das persoas participantes (busca activa de emprego mediante as TIC e
trámites coas administracións).
No
PIE participan 100 persoas desempregadas do ámbito territorial
comprendido polos concellos de Rianxo, Padrón, Valga, Rois,
Pontecesures e Valga, inscritas como demandantes de emprego no
Servizo Público de Emprego de Galicia, que se benefician dun
conxunto de accións múltiples que teñen como finalidade “a
mellora da empregabilidade das persoas usuarias a través da
realización dun conxunto de accións para facilitar a súa inserción
no mercado laboral”.
As
actividades inclúen entrevistas individuais de orientación e
asesoramento laboral (a cargo da orientadora laboral do programa nas
sedes dos seis concellos) e as seguintes accións formativas levadas
a cabo este verán:
-Curso
de Busca activa de emprego mediante o uso das TIC, de 10 horas
de duración, realizado no Auditorio de Rois do 8 ao 9 de xuño.
-Curso
de Trámites online coa Administración de 15 horas de
duración, realizado no Auditorio de Rianxo do 19 ao 21 de xuño.
-Curso
de Condución de carretilla elevadora, de 30 horas de
duración, realizado no Auditorio de Rianxo do 10 ao 15 de xullo.
-Curso de Prevención
de riscos laborais no posto de traballo de peón agrícola, de 20
horas de duración, realizado na Escola Avelino Abuín de Tembra en
Imo (Dodro) do 19 ao 21 de xullo.
-Curso de Inglés
orientado á restauración e turismo, de 60 horas de duración,
impartíndose na actualidade na Casa da Cultura de Dodro.