O programa de televisión Zoom Net achégase á Rede a través dunha nova web

luns, 8 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Tras 2 anos en emisión, o programa sobre tecnoloxía Zoom Net, que se pode seguir en Canal 24 Horas e en TVE1, estrea unha páxina web non oficial dende a que están a pendurar os vídeos cos seus programas conforme se van emitindo, acompañados dunha ficha básica dos seus contidos e entrevistados, de xeito que os que non fagan un seguimento habitual do programa (que ten uns horarios moi pouco atractivos) poderán facer unha achega a este interesante espazo no que informarse sobre a actualidade tecnolóxica.
Zoom Net é un programa semanal de televisión dedicado principalmente ós videoxogos, á animación 3D e ás novas tecnoloxías en xeral, que xunta en 15 minutos un pouquiño de cada, creando un contido atractivo para un público que o terá moito máis presente de poder achegarse ó mesmo a través da Rede.
Podemos probar a ver unha das súas últimas entregas a continuación: