O protagonista de The Force Unleashed incorpórase a Soul Calibur IV

venres, 6 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O aprendiz segredo enfrontándose a Ioda en Soul Calibur IV

Tralo anuncio de que o mestre Ioda e Darth Vader ían aparecer nas versións para Xbox 360 e PlayStation 3 de Soul Calibur IV respectivamente, a atención sobre a nova entrega deste popular xogo de loita medrou exponencialmente, e ante a imposibilidade de enfrontar aos dous personaxes de Star Wars entre si (pois nun principio están en distintas versións do xogo) decidiron incorporar ao xogo ao aprendiz segredo de Darth Vader que protagoniza o xogo Star Wars: The Force Unleashed, de xeito que será posible un combate con espadas de luz nas dúas versións do xogo.
Deste xeito, os usuarios de Soul Calibur IV poderán gozar dun tipo de combate inédito dende o decepcionante Masters of Teräs Käsi que saíra para a primeira PlayStation. Teremos que agardar ata o 29 de xullo para que este novo xogo chegue ás tendas, mentres que The Force Unleashed sairá en setembro para moitas plataformas (incluíndo ás consolas portátiles).


Último trailer do xogo, amosando ao aprendiz segredo

PUBLICIDADE