O segundo cara a cara entre Zapatero e Rajoy xerou 600.000 descargas de vídeo

mércores, 5 de marzo do 2008 Marcus Fernández

O segundo debate entre os candidatos á presidencia do Goberno contou con máis de 12 millóns de espectadores segundo datos de TNSofres grazas a que foi retransmitido por máis de 30 canles de televisión, e nun principio anunciaron que o número de internautas baixara ós 300.000, pero a operadora Interoute asegura que se serviron máis de 600.000 descargas de vídeo a través da súa plataofrma de xestión de contidos superando o 4 millóns de Mbytes de transferencia de datos.
Neste último cara a cara, moderado por Olga Viza, tamén se contou cunha retransmisión especial para persoas con discapacidade auditiva.