O servizo CiberEmprego de Érguete atende a máis de 300 persoas durante o ano
luns, 5 de xuño do 2023
A
Fundación Érguete-Integración, con sede principal en Vigo, vén de
facer un balance da súa actividade recente en materia de formación
tecnolóxica e fomento da empregabilidade a través da capacitación
dixital, unha actividade que se materializa dende 2005 a través do
seu servizo de CiberEmprego, que facilita o acceso ás TIC a
colectivos especialmente desfavorecidos en risco ou situación de
exclusión social. O obxectivo é axudalos co proceso de procura de
emprego e o aprendizaxe do manexo destas ferramentas. Durante
este último ano, atendéronse a 340 persoas participantes.
Dende
a entidade, consideran de “gran importancia este recurso”, dado
que “na actualidade a maioría das xestións relacionadas co
emprego son a través de Internet”.
Nas
súas instalación, a entidade pon á disposición das persoas
beneficiarias a formación e os recursos necesarios para realizalas.
Todos
os días de luns a venres polas mañás, Fundación Érguete ofrece
servizos como o de orientación para a procura activa de emprego a
través de Internet (mediante a creación de contas de correo
electrónico, elaboración de currículo, cartas de presentación e
altas nos portais de emprego, empresas de traballo temporal e
asociacións empresariais) e tamén facilita o acceso á
Administración Electrónica e apoio á hora da realización de
trámites.
Tamén
se realizan cursos de formación, a nivel de iniciación, no manexo
do computador, programas de ofimática básicos e Internet, así como
do teléfono móbil e formación para acceder á Administración
Electrónica.
Este
servizo colabora con outros programas da entidade para impartir
módulos transversais de competencias dixitais básicas e procura de
emprego en internet e tamén con outros servizos sociais externos na
recepción de persoas beneficiarias.