O terror gaña peso este mes entre os subscritores de PlayStation Plus
mércores, 15 de outubro do 2025
O catálogo de xogos de PlayStation Plus deste mes chega cargado de emocións fortes e propostas moi diversas, ideais para a tempada de sustos co gallo do SamaÃn. A partir do martes 21, os subscritores das modalidades Extra e Premium poderán explorar o esperado remake de Silent Hill 2, revivir o clásico do terror interactivo Until Dawn, asumir a vida dunha criatura da noite en V Rising ou mergullarse no universo cheo de humor e drama de Yakuza: Like a Dragon. Ademais, os usuarios de PlayStation Plus Premium recibirán unha dose extra de nostalxia coa incorporación de Tekken 3, o icónico tÃtulo de loita da primeira PlayStation.
En Silent Hill 2 (PS5), o xogador encarna a James Sunderland na súa angustiosa viaxe por unha cidade envolta en néboas e recordos traumáticos. Este remake recrea con gráficos e son de última xeración a atmosfera opresiva e os monstros que fixeron historia no xénero do terror psicolóxico.
Tamén para PS5 chega Until Dawn, completamente recreado desde cero para ofrecer unha experiencia máis inmersiva. O tÃtulo sitúa o xogador no corazón dun slasher no que cada decisión pode marcar a diferenza entre sobrevivir ou morrer mentres un grupo de amigos se enfronta a un mal invisible nunha cabana illada.
Con V Rising (PS5), o protagonismo pasa ao mundo vampÃrico. Trátase dun xogo de acción, rol e supervivencia no que o xogador esperta tras séculos de sono para reconstruÃr o seu castelo, alimentarse de sangue humano e crear un imperio entre sombras. O tÃtulo pode xogarse en solitario ou en modo cooperativo e multixogador persistente.
O catálogo amplÃase ademais con Yakuza: Like a Dragon (PS4 e PS5), a epopea moderna de Ichiban Kasuga, un yakuza traizoado polo seu clan que se embarca nunha aventura chea de humor, combates por turnos e personaxes memorables nas rúas de Yokohama.
Completan as novidades Poppy Playtime: CapÃtulo 1, unha aventura de terror e puzles ambientada nunha fábrica de xoguetes abandonada; As Dusk Falls, un drama interactivo que narra as consecuencias dun roubo frustrado e as conexións entre dúas familias ao longo de décadas; e Wizard with a Gun, un xogo de supervivencia máxica cooperativa no que os feiticeiros poden crear, combinar e desatar poderes arcanos nun mundo cheo de perigos.
Pola súa banda, o catálogo clásico de PlayStation Plus Premium suma Tekken 3 (PS4 e PS5), unha das entregas máis queridas da saga de loita. Esta versión remasterizada ofrece melloras gráficas, opción de rebobinado, gardado rápido e filtros visuais personalizados, ademais dos modos Arcade, Versus, Team Battle e Practice.
