O último Humble Bundle quere axudar aos orfos rusos

martes, 9 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

A iniciativa solidaria Humble Bundle actualizou hoxe o seu lote de xogos en oferta baixo o nome de Humble Hope For Orphans Bundle, deixando así claro que os que merquen estes títulos nas vindeiras dúas semanas estarán a contribuír coa organización sen ánimo de lucro Change30, que busca axudar a que os nenos orfos de Rusia poidan ter unha vida plena.
Ao achegar a partires de 1 dólares podemos facernos cos xogos Rising Storm Game of the Year Edition, Killing Floor, BLACKHOLE e IL2 Sturmovik; pagando máis da media (6,84 dólares no momento de escribir estas liñas) teremos tamén Killing Floor 2, King’s Bounty: Platinum Edition e Homefront: The Revolution Stardard Editione; e os que aporten a partires de 10 dólares poderá completar o lote con Rising Storm 2: Vietnam, Call to Arms – Full Version e Call to Arms: Deluxe Edition Upgrade. Este conxunto de xogos tería un prezo de mercado de 247 dólares, polo que quen queira facerse con eles farao a un bo prezo e, a maiores, contribuirá a unha boa causa (podendo elixir como se reparten as achegas económicas entre os desenvolvedores dos xogos, os organizadores da campaña e a ONG beneficiaria).

PUBLICIDADE