O vÃdeo baixo demanda pola Internet estrea alugueres a 0,99 dólares nos EE.UU.
xoves, 14 de agosto do 2008
Nos EE.UU. hai un
popular servizo de vÃdeo baseado en hardware, Vudu, que permite ao usuario
alugar e mercar pelÃculas a través un receptor (que custa 299 dólares) conectado
á Internet e ao televisor. Este tipo de solucións intentan imporse coma
alternativas aos videoclubs tradicionais, competindo tamén con plataformas de
pago por visión de televisión por cable, pero que poderÃa revolucionar o sector
por mor da súa nova promoción, xa que estrearon unha canle
de ofertas nas que achegan pelÃculas a só 99 centavos.
Hai que indicar que o catálogo ofrecido a ese prezo tan reducido (que
normalmente é o que custa unha canción en descarga nas tendas en liña) non se
trata de tÃtulos de pouco éxito, senón que é unha selección de 99 pelÃculas
que irá rotando, e que na actualidade inclúe novidades coma Monstruoso ou Soy Leyenda xunto con clásicos coma Desmadre a la americana, Spider-Man,
Serenity, Starship Troopers, El Gran Lebowsky, Dark City, Star Trek, Sweeney Todd
ou Austin Powers, polo que parecen
ter atinado bastante cos gustos dos seus usuarios potenciais.

- Vudu incorporou unha canle de vÃdeo adulto para ampliar o seu público potencial
As pelÃculas con este atractivo prezo corresponden ás versións de definición
estándar, pero o atractivo desta oferta poderÃa levar aos competidores a facer
as súas propias promocións, e agardemos que esta posible tendencia se espalle
internacionalmente, para que a compra de pelÃculas en descarga poida ser unha
alternativa factible aos videoclubs e incluso ás descargas a través de redes
P2P (xa que estas solucións ofrecen seguridade e inmediatez, o que pode
compensar o seu prezo).
Dende Vudu tamén quixeron potenciar o seu servizo incorporando a canle AVN, con pelÃculas pornográficas
entre as que se
atopan as últimas novidades en alta definición, que se poderán
alugar por 6,99 dólares en calidade estándar e 8,99 dólares en alta definición
(podéndose mercar tamén por 19,99 e 29,99 dólares respectivamente).
Para evitar suspicacias, o servizo de vÃdeo adulto conta cun robusto sistema de
control paterno (de xeito que se ocultan os contidos explÃcitos se non
activamos o servizo mediante o correspondente contrasinal).
