O videoxogo Limbo of the Lost plaxia os seus escenarios doutros títulos

xoves, 12 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Comparación entre Limbo of the Lost e Oblivion

Limbo of the Lost de Majestic Studios podería ser un xogo que pase á historia por ser o videoxogo con máis plaxios de escenarios, pois cando Eric Franck de GamePlasma denunciou que moitos dos lugares aparecidos no xogo mencionado estaban copiados directamente de The Elder Scrolls: Oblivion, outros xogadores se puxeron a escudriñar o título para atopar localizacións copiadas de Thief 3, Diablo, People Can Fly’s Painkiller, Silent Hill, Vampire: Bloodlines e Unreal Tournament, ou sexa, que case sería difícil atopar contidos orixinais neste xogo de aventuras.
As primeiras reaccións ante este escándalo son evidentes: a distribuidora Tri Synergy anunciou que deixará de vender o xogo e Bethesda (editora de Oblivion) pasou o tema ao seu departamento legal.

PUBLICIDADE