O videoxogo oficial das OlimpÃadas chegará a finais de mes para PS3, Xbox 360 e PC
martes, 17 de xuño do 2008
- Imaxe da proba de lanzamento de xavelina
O vindeiro 27 de xuño SEGA lanzará a
nivel mundial para PS3, Xbox 360 e PC o videoxogo oficial dos xogos olÃmpicos, Beijing 2008, que
permite retomar un xénero que ten unha longa vida en ordenadores, consolas e
máquinas recreativas (iniciouse en 1983 co arcade Track & Field de Konami).
As probas atléticas nas que poderemos tomar parte serán as carreiras de 100,
200, 400, 800 e 1.500 metros lisos e 110 metros vallas masculinos (e 100 metros
vallas femininos), salto de altura, salto de lonxitude, salto con pértega, triplo
salto, lanzamento de martelo, lanzamento de disco, lanzamento de xavelina e
lanzamento de peso (cada proba en categorÃa masculina e feminina).
Nos casos dos xogos de carreiras, os usuarios poden optar por mover o mando de
xogo de esquerda a dereita a grande velocidade ou pulsar os botóns de dispara
de xeito alternativo para tomar velocidade, mentres que as probas coma o
lanzamento de martelo farán uso dos mandos analóxicos para tomar velocidade e
dos gatillos para lanzar o obxecto, de xeito que a dinámica de uso deste xogo
será bastante tradicional, sorprendendo que non haxa unha versión para Wii que
achegue unha visión diferente e innovadora deste tipo de xogos.