O vindeiro Assassin’s Creed ambientarase na Antiga Grecia

martes, 12 de xuño do 2018 Marcus Fernández

O xogo Assassin’s Creed Origins supuxo unha reformulación da franquía de Ubisoft, e tras volver ao pasado e contar unha inmensa aventura en Exipto, prepáranse xa para retomar esta nova narración o 5 de outubro con Assassin’s Creed Odyssey, que chegarán con versións para PlayStation 4, Xbox One e PC e destaca por trasladar a acción á Antiga Grecia. Os xogadores terán a opción de encargar aos espartanos Alexios ou Kassandra, quen forxarán o seu destino durante a Guerra do Peloponeso.
O feito de poder elixir entre un personaxe masculino ou feminino xa supón un grande cambio que dá a entender que a historia terá moitas ramificacións e unha grande liberdade de elección, o que sen dúbida contribuirá a tirar un maior proveito do xogo permitindo xogalo varias veces sen aburrimento.
Nesta aventura non faltarán obxectos poderosos como a Lanza de Leónidas, distintas figuras históricas e incluso criaturas míticas, estando todos estes elementos espallados nun inmenso mundo aberto, do que preto da metade sería auga. Deste xeito teremos montañas, bosques, cidades, praias... así como espectaculares batallas navais, achegando a variedade da que tanto presumen as novas entregas desta franquía.

Tráiler de presentación de Assassin’s Creed Odyssey

PUBLICIDADE