O xogo da película The Clone Wars chegará en exclusiva ás consolas de Nintendo

venres, 30 de maio do 2008 Marcus Fernández

O 29 de agosto chegará unha nova película de animación tridimensional inspirada nas Guerras Clon de Star Wars (que xa dera lugar a unha serie de animación antes da estrea da última película de acción real da saga galáctica, A Vinganza dos Sith) e virá acompañada dun xogo para as consolas de Nintendo (tanto DS coma Wii).
Star Wars: The Clone Wars presentará os gráficos tridimensionais (tratados para darlle unha aparencia de debuxo animado) tanto na película coma no videoxogo, que chegará no outono. Resulta sorprendente tanto que non se coñecese a existencia do xogo antes, coma o feito de que Nintendo se fixese cos seus dereitos en exclusiva.
Na feira E3 que se celebra a mediados de xullo poderemos ver os detalles deste novo título, e mentres podemos facernos unha idea da súa estética a través do trailer da película:

PUBLICIDADE