O xogo de Tiger Woods para o iPhone está á altura das versións para DS e PSP
luns, 4 de maio do 2009
Os usuarios
norteamericanos do iPhone e iPod Touch poden adquirir o xogo Tiger Woods PGA Tour, que chega ao
mercado coma un dos mellores xogos de golf para unha plataforma portátil, cun
nivel gráfico que lle permite compararse á PSP de Sony e unha interface de uso
que o asemellarÃa máis á Nintendo DS, pero cun
prezo de venda que serÃa a terceira parte do que custarÃa para esas plataformas,
servindo como exemplo do que pode dar de si o móbil de Apple para os xogos e de
que Nintendo e Sony deberÃan tomar nota para evitar verse ameazados por novos
sistemas que poidan xuntar a diversión, a innovación e o bo prezo.
O xogo de golf permite elixir entre 7 campos de golf (Pebble Beach, St.
Andrews, TPC Sawgrass, Doral, TPC Boston, The K Club, e Fancourt) e permite
tanto empregar a un golfista coñecido (coma Tiger Woods, Annika Sorenstam ou
Retief Goosen) ou definir ao noso propio xogador.
