O xogo de loita Faith Fighter preséntase con humor contra a intolerancia relixiosa

xoves, 24 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Cristo loitando contra GaneshaDesenvolvedores como La Molleindustria buscan elaborar produtos que chamen á reflexión sobre asuntos como a comida rápida ou a intolerancia relixiosa, e nesta ocasión publican un xogo que nos fai lembrar o polémico Bible Fight creado para a canle de televisión Adultswim, presentándonos combates entre figuras relixiosas coma Deus, Xesús, Mahoma, Ganesha ou Buda.
Faith Figher «é o xogo de loita definitivo para estes tempos escuros» segundo a páxina web dende a que se pode xogar e descargar (para Windows e Mac).

Xesús invocanto ó Espírito Santo

O videoxogo en Flash pretende facer divertido o odio relixioso, e comeza deixando optar por unha versión normal e outra censurada (na que se tapa a cara de Mahoma cun círculo negro).
O xogo está elaborado con moito humor, de xeito que Cristo pode invocar ó Espírito Santo en forma de pomba nun ataque ó máis puro estilo dun hadouken do Street Fighter II, así coma dar golpes na postura da cruz ou outro tipo de ataques adaptados a cada unha das figuras relixiosas.

PUBLICIDADE