O xogo do Escuadrón Suicida chega a PlayStation Plus o 7 de xaneiro

xoves, 2 de xaneiro do 2025 Marcus Fernández

O vindeiro martes renovaranse os xogos mensuais de PlayStation Plus, con incorporacións bastante interesantes, como o xogo de condución para PlayStation 4 Need for Speed Hot Pursuit Remastered (recuperación dun clásico coa incorporación gráficos mellorados e multixogador entre plataformas), a edición Ultra Deluxe do aclamado xogo independente The Stanley Parable e, como prato forte, Suicide Squad: Kill the Justice League para PlayStation 5.
Cómpre salientar que o xogo do Escuadrón Suicida foi un dos grandes fracasos de 2024, por pretender imporse como xogo como servizo, o que levou aos seus responsables a programar o seu episodio final para este mesmo mes, de xeito que chegaría a PlayStation Plus a xeito de despedida.
Con este movemento permítese que o título chegue a un público moi amplo, aproveitando tamén o feito de que o xogo adaptouse para que poida funcionar fóra de liña, preparándose ao apagamento dos seus servidores, polo que poderá funcionar a longo prazo como un xogo máis tradicional, para fortuna dos que o incorporen a súa colección persoal.