O xogo do Señor dos Aneis triunfa en Europa e EE.UU.
martes, 15 de maio do 2007
Os xogos multiusuario
en rede son unha das principais revolucións do lecer electrónico grazas en boa
medida polo espallamento da banda larga, sendo o referente por excelencia o
World of Warcraft, que poderÃa ter xa un digno competidor, posto que El Señor de los
Anillos Online está a acadar
moito éxito entre a crÃtica e o público, sendo neste momento o
xogo máis vendido para PC en EE.UU., Alemaña, Reino Unido e Francia.
O videoxogo ambiéntase no mundo creado por J. R. R. Tolkien, e pese a que
outros xogos baseados nas novelas e pelÃculas do Señor dos Aneis non triunfaron, agora poderÃa ter atopado a fórmula
do éxito, posiblemente pola súa potencialidade para crear historias, xa que
deixa que os xogadores se movan libremente por toda a Terra Media, mundo que se
vai enriquecendo coa publicación de expansións e actualizacións.
Os seguidores dos libros e pelÃculas nesta saga estarán agora contentos por ter
un produto con moito futuro (lembremos que os xogos en liña deste tipo se
caracterizan pola súa longa explotación) que lles permitirá recrear mil e unha
aventuras.