ONRUSH estréase en Xbox One e PS4
martes, 5 de xuño do 2018
O novo xogo de carreiras
arcade de Codemasters, ONRUSH, xa está
aquÃ, con versións para
PlayStation 4 e Xbox One, reinterpretando
o seu xénero ao procurar o xogo en equipo e eliminando elementos básicos da
velocidade como as liñas de saÃda e chegada, centrándose en novos modos
deseñados para acentuar a diversión, a creatividade e a descarga de adrenalina.
Os xogadores terán que colaborar cos seus compañeiros, utilizando as distintas
clases de vehÃculos con cadansúas fortalezas e habilidades para causar estragos
e conseguir a vitoria para o equipo.
ONRUSH busca ser accesible e cun alto
nivel de xogabilidade, e con sistemas como a Escorrentada, que asegura que os
xogadores se manteñan sempre na loita devolvéndoos ao centro da acción de
afastarse do resto.
O xogo conta con 8 clases de vehÃculos (que tamén poden personalizarse), catro
innovadores modos de xogo (Overdrive, Switch, Lockdown e Countdown), doce
localizacións con múltiples pistas e unha grande profundidade de xogo tanto
para un xogador como no multixogador.
Resta agora comprobar se este xogo consegue convencer aos fanáticos das
carreiras frenéticas que se afastan da simulación automobilÃstica.
Tráiler de lanzamento de ONRUSH
