Oblivion revive con forza renovada
martes, 22 de abril do 2025
The Elder Scrolls IV: Oblivion Remastered é o resultado dunha colaboración entre Bethesda Game Studios e o equipo de Virtuos, que permitiu manter intacta a esencia do xogo orixinal mentres se lle aplicaban melloras visuais e actualizacións para adaptalo aos estándares actuais, e que dende hoxe mesmo podemos comprobar directamente a través das súas versións para Xbox Series X|S, Game Pass, PlayStation 5 e PC. Cómpre salientar que os subscritores de Game Pass poden acceder á versión de Xbox Series X|S e PC, asà como tamén poden gozar do xogo en streaming.
Dende Virtuos empregaron Unreal Engine 5 para construÃr esta versión remasterizada que presenta paisaxes impresionantes e detalladas, modelos de personaxe mellorados, sincronización labial refinada, efectos atmosféricos máis inmersivos e un sistema avanzado de iluminación en tempo real, par ao que foi preciso recrear desde cero armas, pedras, doces...
O sistema de locomoción foi completamente redeseñado. Agora pódese esprintar, unha función moi demandada polos xogadores de xogos de rol modernos. As animacións de combate tamén se recrearon, cun maior dinamismo e resposta fÃsica aos impactos, asà como efectos sonoros e visuais renovados. A perspectiva en terceira persoa tamén foi modernizada, con miras e movementos comparables aos de Starfield.
Oblivion Remastered incorpora tamén melloras que fan máis cómoda e moderna a experiencia de xogo como un novo sistema de subida de nivel, inspirado tanto en Oblivion como en Skyrim, unha interface e experiencia de usuario adaptadas aos estándares actuais, novas liñas de diálogo gravadas (agora cada raza ten unha voz única, aumentando a inmersión) e numerosas optimizacións adicionais que modernizan a xogabilidade sen perder a esencia.
Dúas edicións
O xogo está dispoñible en dúas edicións, que parten dunha edición estándar co xogo base dixital, as expansións de historia Shivering Isles e Knights of the Nine e contido descargable adicional (Fighter’’s Stronghold, Spell Tomes, Vile Lair, Mehrune’’s Razor, The Thieves Den, Wizard’’s Tower, The Orrery e Horse Armor Pack); pero tamén está dispoñible unha edición de luxo que inclúe a maiores novas misións con conxuntos exclusivos de armaduras, armas e bardas de Akatosh e Mehrunes Dagon e un libro de ilustracións dixital e aplicación coa banda sonora. Estes últimos contidos adicionais tamén poderán adquirirse por separado como unha actualización.
VÃdeo de presentación oficial de The Elder Scrolls IV: Oblivion Remastered
