Ofertan xogos de PS4 nun Humble Bundle

mércores, 31 de outubro do 2018 Marcus Fernández

As promocións de Humble Bundle a través das que venden videoxogos destinado parte dos ingresos a unha causa solidaria tenden a incluír títulos que poden canxearse a través de Steam, ou sexa, xogos para PC, pero desta volta os xogos de THQ Nordic que ofertan son para PlayStation 4, facilitando así a ampliación do catálogo de xogos da consola por un prezo moi reducido, e facilitando o achegamento a xogos que non sempre son moi coñecidos, e que son dun nivel de calidade máis que aceptable.
Os xogadores que acheguen a partires de 1 dólar poderán facerse cos xogos Lock’s Quest e Giana Sisters: Twisted Dreams – Director’s Cut; e os que paguen máis da media (10,73 euros no momento de escribir estas liñas) conseguirán This Is The Police, The Dwarves, Red Faction II, Black Mirror e Destroy All Humans! 2.
Pero os grandes títulos chegan cando se pagan a partires de 15 dólares (13,19 euros), pois así recíbense Titan Quest, Darksiders Warmastered Edition, Sine Mora EX e Battle Chasers: Nightwar, todos xogos de bastante nivel, que véndense normalmente a uns 20-30 euros cada un.

Battle Chasers: Nightwar é un xogo de rol por quendas incluído neste último Humble Bundle

PUBLICIDADE