OpenAI ficha ao creador de OpenClaw
luns, 16 de febreiro do 2026
O fenómeno de Clawdbot, orquestrador de axentes de IA que mudou de nome un par de veces nunha semana para rematar coñecéndose como OpenClaw, continúa a xerar moita expectación polo seu xeito de amosar o potencial deste tipo de solucións que tiran un proveito directo da intelixencia artificial para tarefas de distinto tipo (dende crear aplicacións ata contratar viaxes) e poderÃan mudar o xeito de relacionarnos coa IA.
AÃnda que OpenClaw está lonxe de ser un proxecto de laboratorio, sendo unha temeridade empregalo de xeito persoal polas súa reducida seguridade, conseguiu captar a atención de OpenAI, compañÃa que tivo a ben fichar ao seu creador, Peter Steinberger, segundo anunciou hoxe Sam Altman, quen considera que «é un xenio con moitas ideas abraiantes sobre o futuro os axentes intelixentes interactuando entre si para facer cousas prácticas para a xente» e poderÃa facilitar que OpenAI poida introducir este tipo de posibilidades no futuro, á vez que anuncia que OpenClaw manterá o seu desenvolvemento como proxecto de código aberto.
Steinberger pola súa banda realizou unha publicación para deixar claro que OpenClaw non só terá futuro converténdose nunha fundación, senón que grazas ao apoio de OpenAI poderá desenvolver solucións que poidan considerarse seguras.
