Opera lanza o seu navegador para a Nintendo Wii
venres, 22 de decembro do 2006
A guerra
dos navegadores de Internet nos escritorios informáticos parece quedar só con
dous competidores (o Internet Explorer e o Firefox) polo que Opera apunta a súa
estratexia empresarial a outros dispositivos, destacando a súa presenza en
dispositivos móbiles e con pantallas de dimensións reducidas, aÃnda que agora
tamén se achegará ás consolas de videoxogos domésticas grazas a un
acordo con Nintendo que fará que Opera sexa o navegador oficial da nova
Wii.
Agora os usuarios da Nintendo Wii que a teñan conectada á Rede poderán
descargar de balde unha versión de proba do
navegador de Opera para activar asà o Canal
Internet da Wii e asà poder navegar pola web, empregando o revolucionario
Wiimando para moverse a través das páxinas de Internet.

- A web oficial da Nintendo Wii vista no seu novo navegador
Este lanzamento poderÃa achegar asà os contidos da Internet ós televisores domésticos,
algo que non parece acabar de convencer ós usuarios (afeitos a empregar o
ordenador para tal fin) polo que serÃa preciso un certo esforzo por parte dos
desenvolvedores para adaptar as páxinas web para a súa correcta visualización
en pantallas de pouca resolución (a definición dos televisores é moi inferior á
dos monitores de ordenador).
Precisamente son as limitacións dos televisores os que fan que a versión do
Opera para Wii sexa diferente á de PC, pois inclúe prestacións coma o zoom intelixente, o modo de columna
simple ou o teclado en pantalla.
A versión definitiva do Opera para Wii estÃmase que sairá a finais de marzo de
2007, aÃnda que se
poderá seguir a empregar de balde ata xuño de 2007, data a partires da cal
haberá que pagar 500 puntos Wii para continuar a empregar o navegador.
