Oprah Winfrey estrea canle en YouTube

luns, 5 de novembro do 2007 Marcus Fernández

A estrela da televisión norteamericana Oprah Winfrey lanza a súa propia canle en YouTube na que publicará cortes dos seus programas así como algunha reportaxe sobre momentos detrás das cámaras, anunciándose no se programa televisivo de hoxe, onde contará coa presenza dos fundadores de YouTube e algúns dos protagonistas dos seus clips máis populares (coma o Tyson, o bulldog que monta en patinete; ou Judson Laipply, o actor que interpretaba as coreografías de Evolution of Dance).
Esta nova canle supón o fornecemento da posición de Oprah na Internet, onde xa ten web oficial na que se poden ver cortes coas súas intervencións anteriores, e o feito de aproveitar a potencialidade do servizo de vídeo de Google podería achegar os contidos do programa televisivo a unha audiencia moi maior, así levar os vídeos de Oprah a virtualmente calquera web da Internet, de xeito que a súa reprodución aproveitaría a forza das redes sociais e permitiría unha maior comunicación entre a audiencia e os responsables do programa televisivo.