Oracle University ao detalle no mes de setembro nunha xornada demostrativa en Santiago

venres, 3 de agosto do 2012 Fernando Sarasketa

A Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC), en colaboración con Nanfor Ibérica e o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia emprazado en Santiago de Compostela (CNTG), van organizar unha xornada de presentación das máis recentes liñas formativas da multinacional Oracle. Máis polo miúdo, darase conta polo miúdo da Oracle University, un campus tecnolóxico ao servizo dos profesionais e os estudantes de tecnoloxías da información para facilitarlles ao máximo a consecución “de traballos mellor remunerados”. Asemade, sinalan os organizadores da xornada, a iniciativa ten un bo número de beneficios para as empresas, xa que lles axudan a mellorar o seu negocio, “contando coa especialización dos seus recursos humanos”.
Os datos, din, non fan máis que corroboralo: “Segundo tódolos estudos feitos sobre a Oracle University e a súa repercusión no sector, os profesionais das novas tecnoloxías que obteñen unha certificación Oracle son os que obteñen as mellores remuneracións económicas deste eido produtivo, pois non abonda cun título universitario, xa que é preciso estar especializado”.
Para AGESTIC, a xornada que se desenvolve o vindeiro 4 de setembro ten especial potencial para a nosa terra, no eido da formación de profesionais de alto nivel e con vistas ao desenvolvemento de postos de responsabilidade relacionados coas TIC coa retención dese talento nas nosas empresas, facéndoas máis competitivas no global. A asistencia ao encontro é de balde, pero o número de praza sé limitado. Para formalizar a inscrición, cómpre acceder ao portal de Nanfor Iberíca e completar o formulario que se achega.
Programa
9.30 Acreditacións e recollida de documentación
10.00 Apertura do Acto
José María López Bourio - Presidente AGESTIC
Javier Lozano – Director Xeral NANFOR
Alfonso Blasco -Director CNTG
10.30 Presentación de Nanfor Ibérica como OAEC Oracle en Galicia
Oscar Robles. Partner Delivery Manager para España e Portugal de Oracle University
10.40 Café
10.50 Mellore o seu negocio con Oracle University, aumente o retorno do investimento con profesionais certificados de Oracle. Coñeza as vantaxes da oferta de aprendizaxe a distancia de Oracle University
Javier D. Lozano. Director xeral de Nanfor Ibérica
11.20 Oracle University: Formación completa para software e hardware Oracle
Oscar Robles. Partner Delivery Manager para España e Portugal de Oracle University
11.50 Vantaxes da base de datos Oracle 11G
Santiago Carbonell: instrutor de Oracle
12.30 Razóns da alta empregabilidade dos profesionais certificados de Oracle
Javier D. Lozano. Director xeral de Nanfor Ibérica
13.00 Coloquio

PUBLICIDADE