Orange achega o Roland Garros por televisión, móbil e Internet

luns, 28 de maio do 2007 Marcus Fernández

As retransmisións en directo de acontecementos deportivos xa non son exclusiva das televisións e as radios, e como exemplo temos agora o torneo Roland Garros que se está a celebrar en París, e que se poderá seguir por televisión, móbil e Internet mediante tecnoloxía de Orange, que non só achegará os encontros, senón que tamén empregará a súa plataforma para ofrecer programas magazine, entrevistas e resumos dos partidos.
Os clientes de Orange TV poderán ver de balde o torneo, mentres que o seguimento a través do móbil custará 0,60 euros por conexión máis 2 euros de alta na promoción. A través da web tamén se poden seguir as emisións, para o que haberá que pagar 1,20 euros/día mediante o envío dunha mensaxe SMS.
Orange tamén ofrece partidos históricos e reportaxes especiais, de xeito que están a tirar de arquivo para achegar valor a este seguimento multimedia que non parece ter precedentes en España, pois se converte nunha das mellores coberturas dun evento deportivo que se veu ata a actualidade.