Os 25 personaxes máis influentes de Internet, segundo os lectores de Business Week
martes, 30 de setembro do 2008
Cada ano, a revista Business Week, fai unha enquisa entre os seus lectores para que,
segundo a súa opinión, escollan aos 25 personaxes máis influentes de Internet.
Nesta ocasión, a listaxe está encabezada polo
director executivo de Microsoft, Steve Ballmer, sen o cal a compañía do
xubilado Gates non sería o que é a día de hoxe. A este titán dos negocios agárdalle un ano que se podería definir como
duro ao ter que levar o negocio da empresa do PC a Internet e restaurar a
confianza en Windows dos consumidores que sufriron nas súas carnes o fracaso de
Vista e a compra frustrada de Yahoo!. Os seus ingresos mensuais de 1.800
millóns de dólares compensan de xeito máis que suficiente os esforzos que fai
por manter á compañía ao pé do canón.
Malia que o seu nome non é moi coñecido,
Mitchell Baker, a muller que está á fronte da Fundación Mozilla, conseguiu
quitarlle a Internet Explorer un 20 por cento da súa cota de mercado de
navegadores en menos de cinco anos, algo que semellaba “misión imposible” ata para o mesmísimo Bond. Business Week asegura que a súa principal ameaza é agora Google Chrome
e os navegadores móbiles, “o seu
principal desafío”.
Jeff Bezos, é un personaxe que, 14 anos
despois de crear Amazon, a compañía que lidera o comercio electrónico mundial,
acadou o pasado ano o seu máximo valor en Bolsa. Ocupa o terceiro posto na listaxe
e asegura que seguirá “diversificando e
incrementado as súas fontes de ingresos”.
Nunha listaxe que recolle as 25 persoas máis influentes
da Rede non podían faltar (como era de agardar) os creadores do xigante Google.
Sergey Brin, Larry Page e Eric Schmidt ocupan o cuarto posto en influencia pero
de seguro que o primeiro en ter aos seus empregados contentos pois son
coñecidas as infraestruturas das que dispoñen no seu entorno de traballo e as
envexables condicións nas que se inspiran os 18.000 empregados desta gran
compañía.
O quinto posto correspóndelle este ano a Jeff
Clavier, un investidor pouco coñecido que está considerado un dos máis espelidos detrás da Web 2.0. Din na
revista Business que “o seu bo ollo para
as start-ups veñen de levalo a investir no agregador NetVibes, o servizo de
finanzas persoais Mint ou a rede de publicidade SocialMedia”. Cinco dos
proxectos que financiou este “crack” de Internet foron comprados por empresas
como Yahoo! e AOL.
A listaxe complétase con outros coñecidos
como:
- Paul Graham, investidor.
- Arianna Huffington, editora do blog colectivo The Huffington Post.
- Joi Ito, blogger e ideólogo da Web 2.0.
- Steve Jobs, CEO de Apple.
- Jonathan Kaplan, creador de Flip Video.
- Loic Le Meur, inversor e comunicador.
- Jack Ma, fundador de Alibaba Gorup, líder do comercio electrónico en China.
- Matt Mullenweg, creador de WordPress.
- Rupert Murdoch, magnate de las telecomunicacións e dono de News Corp.
- Craig Newmark, fundador de Craiglist.com.
- Gabe Rivera, creador de Techmeme.
- Kevin Rose, creador de Digg.com.
- Sheryl Sandberg, a muller á fronte de Facebook.
- Jon Stewart, xornalista e comunicador.
- Meter Thiel, inversor.
- Maria Thomas, creadora de Etsy.com.
- Anssi Vanjoki, vicepresidente de Nokia.
- Jimmy Wales, fundador da Wikipedia.
- Evan Williams, creador de Blogger.com.
- Jerry Yang, co-fundador e CEO de Yahoo!

