Os Angry Birds estrearán xogo de realidade aumentada en abril
mércores, 20 de marzo do 2019
O
mes pasado veu a luz o xogo Angry Birds
VR: Isle of Pigs, unha aventura dos paxaros anoxados de Rovio na que
teñen que enfrontarse aos porcos verdes a través de máis de 50 niveis en
realidade virtual, de xeito que os posuidores de cascos Oculus Rift, HTC Vive
ou compatibles con Windows Mixed Reality poden xogar aos Angry Birds de xeito inmersivo, experiencia que vai
trasladarse agora ao mundo real tirando proveito da tecnoloxÃa de realidade
aumentada de Apple.
Temos asà que está previsto que o 11 de abril estea dispoñible na App Store o
xogo Angry
Birds AR: Isle of Pigs, que poderá descargarse de balde (polo que é de
esperar que faga un uso intensivo das microtransaccións) no que poderemos gozar
de máis de 40 niveis que integraranse no noso contorno, de xeito que teremos
que movernos fisicamente ao redor dos escenarios virtuais para lanzar aos
paxaros anoxados dende distintos ángulos para destruÃr as estruturas que
protexen os porcos verdes e asà recuperar os ovos que lles roubaron.
Tráiler de Angry Birds AR: Isle of Pigs