Os Bungie Studios sepáranse de Microsoft

martes, 9 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Os rumores de que os Bungie Studios se ían separar de Microsoft xa están confirmados, e así a estreita alianza entre as dúas compañías que deron luz á saga de Halo se relaxa para permitir a Bungie a realización de novos desenvolvementos independentes da compañía de Redmond, o que lles librará de facer xogos en exclusiva para Xbox 360, aínda que continuarán a facer produtos para esta plataforma que tantos éxitos lles está dando.
Hai que destacar que a propiedade da saga Halo continúa a ser de Microsoft, polo que a filtrada versión do xogo para Nintendo DS podería non ver a luz nunca. De tódolos xeitos, Bungie continuará a ser unha empresa que dirixas os seus esforzos principalmente ás plataformas de Microsoft, aínda que agora poderá diversificar as súas actividades, pois dende o estudio consideran que son coma quenllas e teñen que «moverse para sobrevivir».