Os Cabaleiros do Zodíaco estrean xogo para móbiles

martes, 28 de novembro do 2017 Marcus Fernández

A serie de televisión de Los Caballeros del Zodíaco ten un novo videoxogo, e desta volta é para móbiles, podéndose xa descargar de balde en Google Play e na App Store, incluíndo as cada vez máis habituais compras na aplicación, e cun importante volume de datos a descargar (polo que recoméndase empregar o xogo conectado a unha rede Wi-Fi, para evitar un elevado consumo de datos móbiles).
Este novo xogo permítenos lembrar aos célebres Cabaleiros de Bronce, pero tamén a moitos outros personaxes que foron saíndo na serie animada, como Hades, Odín e os Cabaleiros de Ouro, chegando a superar o cento de personaxes que poden baterse en combates épicos.
Saint Seiya Cosmo Fantasy ten uns controis sinxelos, de xeito que con simples toques podemos desatar os Meteoros de Pegaso ou o Lóstrego Plasma, ataques de sobra coñecidos polos seareiros da serie animada que no seu smartphone poderán lembrar dende a saga de Poseidón até a de Hades, podendo progresar na viaxe a través das 12 casas do Cabaleiros de Ouro.
Por desgraza este xogo non chega todo o ben que podería, e está a experimentar numerosos problemas de funcionamento, o que sumado ao feito de que os textos estean só dispoñibles en inglés fai que a experiencia que achega sexa bastante frustrante para a meirande parte de xogadores, o que traduciuse nunhas críticas moi negativas por parte dos usuarios (de xeito que o xogo acada só unha puntuación de 2,3 sobre 5).

Tráiler oficial de Saint Seiya Cosmo Fantasy

PUBLICIDADE