Os Euro Blog Awards buscan levar o concepto do festival de Eurovisión aos blogs
xoves, 16 de abril do 2009

- A verificación de identidade para votar nos premios faise mediante Facebook Connect
O 24 de abril ás
13:30 horas entregaranse no marco da Nonick
Conference que terá lugar en Bilbao os Euro Blog Awards, que aÃnda que
están moi lonxe de ter a repercusión dos populares The BOBs, resultan curiosos,
xa que o sistema de votación elixido fai uso de Facebook Connect, o que
impedirÃa os votos masivos (ou a repetición de voto por parte dun mesmo
usuario).
As persoas que queiran participar poderán votar ata o dÃa 23 a unha selección de
bitácoras e videoblogs elixidos
por un grupo de expertos de 12 paÃses, o que servirá para elixir uns
finalistas, tralo que entrará a valorar o xurado, que ponderará a relevancia,
creatividade, interacción e historia dos blogs para elixir aos gañadores.
Este concurso de blogs ten asà un funcionamento pouco transparente (especialmente
na pre-selección de blogs) e amosa irregularidades coma considerar o éuscaro
como unha lingua do mesmo nivel que o inglés ou o francés, pero esquecendo ao
galego e ao catalán (simplemente porque o acto de entrega dos premios é en
Bilbao). Tampouco conseguiu moita sona, polo que é de agardar que o seu
resultado final sexa pouco significativo, aÃnda que non por iso desmerecerá o
feito de que unha bitácora europea vexa recoñecida a súa valÃa cun galardón.
