Os Lemmings estrean xogo para dispositivos móbiles

xoves, 20 de decembro do 2018 Marcus Fernández

Os Lemmings foi un dos xogos de quebracabezas de máis éxito a primeiros dos anos 90, e aínda que o estudio Psygnosis pechou hai anos, a franquía segue viva, e hoxe mesmo estrea versións para Android e para iOS, demostrando que as súas mecánicas de xogo son tan divertidas como sempre, aínda que desta volta muda o modelo de negocio, e temos un xogo free-to-play, de xeito que hai que realizar micropagamentos se queremos evitar longas esperas.
Esta revisión dos Lemmings mantén os preceptos do xogo orixinal: levar a unha serie de pequenas criaturas até a saída de cada nivel, realizando numerosas accións como cavar ou construír escaleiras, para superar obstáculos e evitar trampas mortais, superando as fases de conseguir a supervivencia de certo número de lemmings.
Os niveis están deseñados tendo en conta a disposición vertical dos smartphones (buscando que sexa cómodo xogar cunha soa man), reparten as fases en planetas e, para engadir unha maior riqueza ao xogo, conta tamén con tribos, ou sexa, lemmings con aparencias únicas, que permitirán desbloquear grandes recompensas.

Tráiler do xogo

PUBLICIDADE