Os Óscar facilitaron un novo record en Twitter
luns, 3 de marzo do 2014
- En menos de 45 minutos a fotografÃa tomada durante a cerimonia dos Óscar bateu marca de rechÃos en Twitter
A pasada noite a gala dos premios da Academia das Ciencias e
das Artes Cinematográficas quixo facer historia, non só por ser a primeira
ocasión na que a cerimonia
puido seguirse en directo a través da Internet (de xeito oficial), senón
tamén pola súa clara orientación ás redes sociais, que tiveron moita
importancia durante toda a festa do cine, o que soubo aproveitar Samsung,
compañÃa que aproveitou a ocasión para estrear o primeiro anuncio televisivo do
seu GALAXY S5 e fixo que a presentadora Ellen DeGeneres armada cun GALAXY Note
3 propuxera a varios actores e actrices posar para unha auto-foto
coa que bater marcas en Twitter, o que conseguiron en apenas
45 minutos, cando a imaxe superou o millón de rechÃos (no momento de
escribir estas liñas superaba os 2,4 millóns).
- Pese a que no escenario Ellen DeGeneres fixese gala dun Samsung GALAXY Note 3, entre bastidores continuaba a facer uso do seu iPhone
Que a fotografÃa protagonizada por Jared Leto, Jennifer Lawrence, Meryl Streep,
Ellen DeGeneres, Julia Roberts, Kevin Spacey, Brad Pitt, Angelina Jolie e Lupita
Nyong’o conseguise tanto éxito, superando a fotografÃa
da reelección de Barack H. Obama, non é algo que poida resultar moi
sorprendente, pois contaba coa complicidade dunha audiencia televisiva millonaria,
que verÃase alimentada ao anunciarse que era o chÃo máis compartido da
historia, de aà que sexa de agardar que consiga aÃnda un maior impacto nas
vindeiras horas.
Pero algo que cómpre destacar é que estamos novamente ante un caso de uso
patrocinado dun teléfono móbil que pode xogar en contra da compañÃa que está
detrás, pois unha vez máis, apartada a figura pública dos focos, esta volve coller
o seu iPhone para publicar máis fotografÃas en Twitter, deixando moi claras
as súas preferencias e a pouca fidelidade que teñen os famosos aos produtos que
promocionan.
- Durante a cerimonia podÃa verse claramente o Samsung GALAXY Note 3 que empregou a presentadora para disparar a popular auto-foto
Primeiro anuncio televisivo do Samsung GALAXY S5